2/10/26

11F DE 2026: "Sesgo de xénero e Intelixencia Artificial"

 O lema para este ano é "Sesgo de xénero e Intelixencia Artificial". A Intelixencia Artificial é unha ferramenta moi importante no presente e vaino ser tamén no futuro. Pero a I.A non é neutral porque "aprende de los datos que recibe e, cando estes reflicten desigualdades sociais especialmente de xénero, os algoritmos reprodúcenas e mesmo as amplifican."



Premendo na imaxe terás acceso a máis información.

O.D.S. 5 : IGUALDADE DE XÉNERO

O obxectivo número 5 determinado pola O.N.U. refírese á consecución da igualdade entre xéneros. A ciencia, a investigación, a enxeñería, as matemáticas... as disciplinas ás que denominamos baixo as siglas S.T.E.M. seguen a ser un factor de discriminación para as mulleres e as nenas. No seguinte video atoparás unha sinxela explicación.

Temos o exemplo de María Cristina Rodríguez Padilla, que lidera desde hai 40 anos unha profunda investigación para curar o cancro. 


11/10/25

A FOTOSÍNTESE


 Hoxe, día 10 de novembro, o "doodle" de Google vai adicado á fotosíntese, unha base fundamental para que a vida exista no noso planeta. É moi importante coñecer como funciona e, sobre todo, colaborar para que non se rache, xa que deste fenómeno depende que poidamos seguir gozando das marabillas que ten a nosa Terra. 

10/29/25

QUE PASARÍA SE... NON TIVÉSEMOS A BIBLIOTECA?

Pasaría que non teríamos un lugar tranquilo onde reunirnos. Pasaría que non teríamos acceso a libros marabillosos. Pasaría que non poderíamos aprender xogando cos LEGO ou con KAPLA, ou cos crebacabezas que temos na biblioteca. 
Estaríamos mais tristes.
Estaríamos aburridos.


9/30/25

 


Queda instalado na columna da dereita unha ligazón permanente aos recursos do CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-. Alí atoparedes diversidade de recursos, incluídas exposicións "virtuais", e a posibilidade de centrarnos en contidos moi concretos, como a loita contra o cambio climático ou o coidado dos nosos mares.

9/19/25

No C.E.I.P CENTIEIRAS

 Desde o C.E.I.P. Centieiras, en Fene, chéganos un dos recursos incluídos no seu blog, un GENIALLY para explorar cada un dos O.D.S. O alumnado deseñou e gravou pequenos videos para darnos a coñecer cada un dos obxectivos. Témolo tamén explicado en lingua de signos. Queres aprender a facelo?



9/09/25

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

 Diversas entidades desenvolven programas educativos dentro dos seus plans para dar cumprimento á súa particular Axenda 2030. Este da Caixa é un exemplo do que podemos tirar materiais para educación emocional, ou inspirarnos se queremos desenvolver actividades neste campo. 

recurso-img

 Quedará unha ligazón permanente na columna da dereita.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

11F DE 2026: "Sesgo de xénero e Intelixencia Artificial"

  O lema para este ano é "Sesgo de xénero e Intelixencia Artificial". A Intelixencia Artificial é unha ferramenta moi importante n...