9/30/25

 


Queda instalado na columna da dereita unha ligazón permanente aos recursos do CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-. Alí atoparedes diversidade de recursos, incluídas exposicións "virtuais", e a posibilidade de centrarnos en contidos moi concretos, como a loita contra o cambio climático ou o coidado dos nosos mares.

9/19/25

No C.E.I.P CENTIEIRAS

 Desde o C.E.I.P. Centieiras, en Fene, chéganos un dos recursos incluídos no seu blog, un GENIALLY para explorar cada un dos O.D.S. O alumnado deseñou e gravou pequenos videos para darnos a coñecer cada un dos obxectivos. Témolo tamén explicado en lingua de signos. Queres aprender a facelo?



9/09/25

ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

 Diversas entidades desenvolven programas educativos dentro dos seus plans para dar cumprimento á súa particular Axenda 2030. Este da Caixa é un exemplo do que podemos tirar materiais para educación emocional, ou inspirarnos se queremos desenvolver actividades neste campo. 

recurso-img

 Quedará unha ligazón permanente na columna da dereita.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A FOTOSÍNTESE

  Hoxe, día 10 de novembro, o " doodle " de Google vai adicado á fotosíntese , unha base fundamental para que a vida exista no nos...